lunes, 14 de diciembre de 2009

Fórmulas de sorteo

Estas son as fórmulas de sorteo que usamos nos nosos xogos e cando queremos ver que apanda. Quen sabe máis?

Lendas de Malpica

Contan que en Malpica.........

domingo, 13 de diciembre de 2009

Érase un día, unha poesía...

Ao longo deste primeiro trimestre os falcatrueiros de A andivemos a curiosear no mundo da poesía. Descubrimos o divertido que é recitar e interpretar. Practicamos as rimas con pareados e con estrofas de 4 versos. Non foi doado pero ao final algúns de nós, enviamos o noso traballo ao
CONCURSO DE POESÍA 2009 PARA JÓVENES ESCRITORES
Aquí tedes os poemas cos que participamos. Esperamos que disfrutedes ca lectura.

lunes, 7 de diciembre de 2009

Por fin!

Por fin cargaron os debuxos que faltaban dos piollos! Agora non nos podemos esquecer de votar todos os días pinchando aquí.

sábado, 5 de diciembre de 2009

Obradoiros sobre o traballo decente

Os días 3 e 4 de Decembro os/as alumnos/as de Malpica participaron nuns obradoiros de "Traballo Decente" e "Consumo Responsable". Os falcatrueiros fixemos unha Xinkana e mais aprendemos a mercar.

O primeiro obradoiro chamábase CANTAS COUSAS PODO MERCAR? Aquí cada un de nós tiña unha ficha onde estaban debuxados distintos produtos de consumo do día a día, uns que cubren necesidades básicas e outros non tan básicas. Noutra ficha tiñamos dous carriños, unha para facer a compra para a nosa familia e outro para facer a compra para unha familia dun país non desenvolvido.
Como nos paises do sur económico perciben 5 veces menos salario, no carriño desta familia só podemos meter un produto e no da nosa familia 5. Entón puxémonos man a obra. Coloreamos o que queriamos mercar, recortamos e marcarmos no carro da nosa familia os produtos básicos. Deste xeito reflexionamos sobre dous asuntos: por un lado, que noutros países, cos salarios que teñen, só poden cubrir as necesidades básicas. Por outro, analizamos se a nosa compra foi axeitada, se cubrimos as necesidades básicas ou pola contra, só mercamos "caprichos" e quedamos sen o importante.

Na XINKANA cada grupo tiña que superar unhas probas lúdicas e divertidas relacionadas co traballo decente. Cada unha simbolizaba unha característica que ten que ter un traballo digno. Neste xogo de simulación uns grupos tiñan todas as facilidades para realizar a proba e outros moitas dificultades, cambiando logo as tornas.
Por cada proba superada, o grupo conseguía unha peza do quebracabezas.

Aquí tedes as fotos da nosa experiencia

viernes, 4 de diciembre de 2009

A constitución




Este fin de semana temos uns días de festa. Imos celebrar o nacemento da Constitución que garantiza os nosos dereitos e marca os nosos deberes. Tamén celebraremos o día da Inmaculada.

Aquí temos algúns xogos e recursos para coñecer de xeito divertido a nosa Constitución.